O procedemento "servizo de axuda a domicilio" pretende xestionar a demanda dun conxunto de atencións, dende unha perspectiva integral e nomalizadora, de toda a poboación do municipio, na casa, naquelas situacións en que a autonomía persoal se vexa limitada, ou naqueles casos de desintegración familiar. En xeral, persegue xestionar o servizo de axuda a domicilio proporcionado polo Concello.
Calquera persoa física ou xurídica que desexe solicitar o servizo de axuda a domicilio.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Solicitude do servizo de axuda a domicilio.
Unidade tramitadora: Servizos Sociais.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
Prazo de resolución: 6 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/Impostos: Consultar a ordenanzas no apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.