Sede electrónica Concello de Aranga

10:33:22 Xoves 21 de novembro 2024
Estás en:

Aviso legal

Os dereitos e propiedade intelectual da plataforma electrónica das sedes dos concellos da provincia da Coruña son titularidade da Deputación Provincial da Coruña, estando amparados pola Lei de protección intelectual.

A Deputación Provincial da Coruña resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a súa configuración ou presentación.

A Deputación Provincial da Coruña responderá da integridade, veracidade e actualización da información e os servizos comúns aos que se poida acceder a través da plataforma electrónica.

As entidades do ámbito provincial aos que se poida acceder a través da plataforma electrónica, serán responsables dos seus propios contidos e dos servizos que poñan á disposición da cidadanía, tal como se regula na súa normativa.

Tanto o acceso ás sedes electrónicas como o uso que se poida facer da información contida nestas son de exclusiva responsabilidade de quen o realiza. Nin a Deputación nin as entidades locais responderán de ningunha consecuencia, dano ou perda que poida derivar do mencionado acceso ou uso de información, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten de aplicación das disposicións legais a que se deba someter no estrito exercicio das súas competencias.

A utilización non autorizada da información contida nestas sedes, así como os danos e perdas ocasionados nos dereitos de propiedade intelectual e industrial darán lugar ao exercicio de accións que legalmente correspondan e, se é o caso, ás responsabilidades que do mencionado exercicio deriven.

Nin a Deputación nin as entidades locais serán responsables da información que se poida obter a través de enlaces ou que proveña de fontes alleas.